O Concello pon en marcha un programa de reciclaxe de aceite e roupa usada
O alcalde presentou esta mañá o novo servizo de recollida destes materiais para fomentar a reciclaxe e a reutilización a través de 100 contedores que se instalarán na zona urbana e nas parroquias co fin de "seguir sendo a cidade máis limpa de España".
"Isto é a economía circular", apuntou Abel Caballero na presentación deste novo servizo de recollida selectiva de aceite usado e roupa para "fomentar e potenciar a reciclaxe" no caso do aceite "e a reutilización" da roupa. Para o tratamento da roupa, o Concello conta coa colaboración de Cáritas Koopera que ten experiencia e coñecemento como xestor deste residuo a nivel nacional e que dispón dunha tenda na cidade, no Calvario onde pode adquirirse roupa reciclada.
Co novo servizo Vigo Recicla instalaranse 100 contedores na cidade, 50 de roupa e 50 de aceite, tanto na zona urbana como nas parroquias, activando un proceso de aprendizaxe e conciencia cidadá. O programa de recollida selectiva de aceite e roupa usada entrará en funcionamento inicialmente coa recollida unha vez á semana, vendo as necesidades segundo se vaia implementando, co obxectivo de que estea implantado no ano 2020.
Abel Caballero engadiu que Vigo é a "a cidade máis limpa de España e queremos seguir séndoo", felicitando ao persoal do servizo de limpeza polo seu labor.
Na presentación do novo servizo, o rexedor estivo acompañado por Guillermo de Cal, director Delegación FCC, Guillermo Davila e Montserrat Ramos, responsable do Servizo.
Descargar todas as imaxes