O goberno municipal dedica 109.000 euros á dotación de especies vexetais nas zonas verdes
A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a contratación de valado de madeira por 70.000 euros e a contratación de servizos para a formación cidadá en novas tecnoloxías cun importe de 45.000 euros. <br />
O rexedor informou este xoves da aprobación na Xunta de Goberno Local da adxudicación da contratación do subministro de especies vexetais para distintas zonas verdes da cidade dos anos 2018 e 2019 por un importe de 109.000 euros. Entre as especies que se plantarán figuran árbores planifolias e coníferas, palmeiras, arbustos, trepadoras, fentos, gramíneas, bulbos, plantas de temporada e forestais.
Quedou aprobada tamén a adxudicación da contratación mixta do subministro de valado de madeira para varias zonas verdes da cidade, entre elas o lago do Parque de Barreiro, que se atopa deteriorada, por un importe total de 70.000 euros.
Amais, o rexedor deu conta da aprobación do expediente de contratación de servizos para a formación cidadá en novas tecnoloxías e o uso de Internet nos centros municipais de distrito, cursos abertos á cidadanía, sobre aplicacións gratuítas, uso de certificados dixitais...que teñen un custo de 45.000 euros.