luns, 24 xul 2017
O alcalde visitou hoxe luns nas instalacións da concesionaria Vitrasa os novos vehículos, 100% accesibles, que contan con USB e WiFi de balde, e con motores Euro VI, os máis respectuosos co medioambiente. Con 4,75 anos, a idade media dos autobuses de Vigo é a menor de España.
luns, 24 xul 2017
Caballero avanzou que o Pleno do mércores votará o estudo previo das medidas provisionais de ordenación da Lei 2/2017, que fai posible que os concellos con Plan Xeral anulado poidan recuperar parte da ordenación. O Concello de Vigo, o primeiro galego en acollerse a esta lei.
luns, 24 xul 2017
O alcalde de Vigo participou este luns na presentación deste libro, iniciativa da Federación Galega de Hípica e escrito polo xornalista Eduardo Rolland, quen "adentra a súa capacidade investigadora e escritora na hípica", en verbas de Caballero. A publicación recolle un século de historia do Concurso Hípico de Vigo.
luns, 24 xul 2017
Abel Caballero avanzou que a FEMP, as comunides, o Goberno de España e os grupos políticos ultiman un pacto de Estado contra a violencia machista. As cidades, explicou o tamén presidente da FEMP, xogarían un papel determinante ao ter maiores competencias na prevención e atención das vítimas, cun orzamento de cen millóns de euros en cinco anos.
luns, 24 xul 2017
O rexedor animou esta mañá a toda a cidade a visitar Cambados durante a primeira semana de agosto para participar na 65 edición da Festa do Albariño. Acompañado pola presidenta da Deputación, Carmela Silva e da alcaldesa desta localidade, Fátima Abal, eloxiou a calidade dunha festa que reúne edición tras edición a uns 300.000 amantes do viño.