mércores, 26 xullo 2017

O Pleno aproba adicar os 18 millóns do superávit de 2016 a humanizacións, parques infantís e á Universidade

mércores, 26 xul 2017

A Corporación respaldou este mércores a modificación orzamentaria para investir os máis de 18 millóns procedentes do superávit do Concello no pasado ano. O goberno vigués acometerá unha decena de humanizacións, cinco macro parques infantís e dous parques de skate, ademais de destinar outros 4 millóns á expropiacións de solo para a Universidade de Vigo.<br />

O alcalde celebra que o Marisquiño sexa unha proba puntuable para as Olimpíadas de skate

mércores, 26 xul 2017

O alcalde e a presidenta da Deputación eloxiaron un ano máis a calidade do Marisquiño, que cada ano reúne a máis público e que nesta edición vai puntuar nas próximas Olimpíadas, nas que o skate se estreará como disciplina. Entre o 11 e o 13 de agosto, Vigo volverá ser a capital do deporte urbano e ambos mandatarios destacaron o retorno económico deste evento tanto na cidade, como no resto da provincia.