O alcalde saúda un pacto de Estado contra a violencia machista que ampliaría as competencias das cidades
Abel Caballero avanzou que a FEMP, as comunides, o Goberno de España e os grupos políticos ultiman un pacto de Estado contra a violencia machista. As cidades, explicou o tamén presidente da FEMP, xogarían un papel determinante ao ter maiores competencias na prevención e atención das vítimas, cun orzamento de cen millóns de euros en cinco anos.
O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, adiantou este luns que a propia FEMP, as comunidades autónomas, o Goberno de España e os grupos políticos traballan na posta en marcha dun "moi adiantado" pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.
Segundo apuntou, xa estaría acordado un paquete de 200 medidas e un orzamento de mil millóns de euros en cinco anos para o desenvolvemento dun pacto de Estado no que as cidades terían un papel "chave" ao ter maior competencias para previr a violencia machista e atender ás vítimas.
Caballero engadiu que os concellos terían cen millóns de euros en cinco anos como orzamento, mais puxo en valor "sobre todo" que as cidades teñan "a capacidade de actuar". "Celebramos o pacto", asegurou o alcalde, quen amosou a súa satisfacción porque se produza e concluíu que "queremos que todas as administracións unamos forzas na loita contra a violencia machista".