O alcalde e o responsable de Ryanair destacan o bo nivel de operatividade da compañía en Vigo
Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro con Jose Espartero, responsable de marketing de Ryanair para España e Portugal, no que destacaron o magnífico nivel de operatividade da compañía, así como a alta ocupación dos voos. Tamén deron conta do inicio, a finais do mes que vén, das novas conexións con Edimburgo e Milán ao tempo que se retoman as de Dublín e Boloña. O rexedor aproveitou para reiterarlle o seu interese porque a compañía opere a conexión con Madrid desde Vigo.