xoves, 19 marzo 2015

O goberno de Vigo abre unha nova e artística Praza de Martínez Garrido

xoves, 19 mar 2015

O alcalde, acompañado por membros do seu goberno, inaugurou este xoves esta nova praza que, ademais da humanización do espazo, conta cun mural de 60 metros e unha escultura do artista Nelson Villalobos en homenaxe ao alcalde fusilado no 36 que da nome á Avenida. Caballero indicou que hoxe mesmo comezan os artistas o seu traballo para mellorar 13 medianeras da cidade.

Comezan este fin de semana as actividades da Festa da Reconquista

xoves, 19 mar 2015

Como principal novidade este ano, a programación repartirase en dúas fin de semanas, celebrándose actuacións e concertos o sábado 21 e domingo 22 xunto coa representación da destitución da corporación e invasión do exército francés, e unha charla-coloquio sobre a Invasión francesa en 1809 o martes 24 no edificio Cambón.

Exposición "Romaría na Carballeira" na Casa Galega da Cultura

xoves, 19 mar 2015

O xoves, 19 de marzo, ás 20:00 h, terá lugar na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), a inauguración da mostra "Romaría na Carballeira. O tempo de lecer dos nosos antergos", integrada nos actos da Reconquista da Vila de Vigo, organizados pola AVC do Casco Vello, coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos.

Convocatoria de axudas municipais á creación de empresas <br />

xoves, 19 mar 2015

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 06.03.2015, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2015 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS" as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 53 do 18 de marzo de 2015.