xoves, 29 xan 2015
Abel Caballero avanzou hoxe que Vigo aspira a ser declarada Cidade da Infancia de Unicef en 2016. Na súa opinión, xa se cumplen os requisitos que establece a ONG, tal e como certificaron ao alcalde as responsables de Unicef coas que hoxe mantivo un encontro na Alcaldía.
xoves, 29 xan 2015
O goberno de Vigo puxo en funcionamento na rúa Venezuela, na confluencia coa Gran Vía, o primeiro carril propio para motos, un proxecto piloto para pasar entre os coches á zona adiantada cando estea o semáforo vermello. Caballero salientou que polo de agora está a funcionar ben e avanzou que se estudan novas ubicacións onde instalalo.
xoves, 29 xan 2015
O venres, 30 de xaneiro, a Fundación Laxeiro inaugura a exposición "En tránsito", un proxecto de María Galán (Vigo, 1990) consistente en 120 pinturas que recrean numerosas paisaxes captadas en movemento, durante diversas viaxes que a artista foi realizando ao longo dos últimos anos.
xoves, 29 xan 2015
Esta fin de semana o Auditorio Municipal contará con diversas actividades, que inclúen teatro, música e proxeccións, e que contan coa colaboración da Concellería de Cultura, Festas e Museos:VENRES 30, 21:00 h: PINGA TEATRO, "EGO"SÁBADO 31, 20:30 h: Concerto de LULAVAI - DOMINGO 1, 20:00 h: Proxección curtametraxe "DEBER"