O Concello investiu preto dun millón de euros en obras nos 49 centros educativos da cidade
O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao Ceip Coutada-Beade con motivo do inicio do curso escolar en infantil e primaria. Logo de percorrer algunhas aulas, o rexedor lembrou que o Concello investiu preto dun millón de euros na posta a punto de 49 centros educativos na cidade.