Escoitar

O alcalde amosa a sua satisfacción porque Vigo acolla a XIX edición do Congreso da Calidade na Automoción

Abel Caballero recibiu esta mañá a representantes da Asociación Española para la Calidad -AEC- que celebrarán os próximos 16 e 17 de Outubro a decimonovena edición do que en verbas do propio rexedor é "un importantisimo congreso de magnitude internacional".

mércores, 10 set 2014
1410354375congresoautos.JPG
O gurpo PSA e a sua factoría de Vigo exercerán de anfitrións deste congreso no que estarán presentes representantes das principais multinacionais do sector da automoción así como da industria auxiliar de Vigo, empresas que son referencia internacional, PSA-Peugeot Citröen, Benteler, Denso, Mercedes Benz, Airbus Operations, Grupo Antolín, Aenor, Treves, Viza Automoción, Grupo Copo, Ctag ou Faurecia entre outras estarán presentes nesta importante cita.

Os asisentes a este congreso tamén teñen programadas visitas as sedes viguesas das empresas PSA, Benteler e Denso.

Por outra banda Abel Caballero anunciou a concesión dunha axuda de 16.000 euros a Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas para a recuperación de embarcacions tradicionais, algo que en verbas do propio alcalde "nos satisface enormemente xa que se trata dunha parte moi importante da cultura e a historia da cidade".
Descargar todas as imaxes