Vigo encherase de cor o 21 de Setembro coa celebración da carreira Holi Run.
Abel Caballero presidiu esta mañá a presentación da Holy Run -carreira de cores- que se celebrará na praia de Samil o proximo dia 21 de Setembro tras celebrarse xa en cidades como Madrid, Valencia ou Granada. Na cita viguesa esperase unha participación de máis de 5.000 persoas de todalas idades.
O rexedor municipal, acompañado de Noemí Latorre, responsable da organización presentou esta mañá unha carreira que en verbas do propio alcalde " e unha forma diferente de deporte e divertimento, onde a parte festiva ocupa unha parte importante". Abel Caballero quixo "invitar o toda cidade a facer deporte e participar da diversión".
A Holi Run e unha carreira cun marcado carácter festivo que se desenrolará nun percorrido de 5 kilómetros totalmente chairo ao longo da praia de Samil e apta para participantes de todalas idades xa que se pode disputar correndo, andando ou incluso bailando. Ademais da propia carreira levaranse a cabo outro tipo de actividades lúdicas como concertos ao longo das 4 horas que durará esta proba. O material utilizado para dar cor nesta festa está composto de polvos de maiz totalmente comestibles e biodegradables e aprobado polas autoridades sanitarias da CE.
Pola sua banda a responsable da organizacion deste evento, Noemí Latorre, explicou que non se trata de unha carreira ao uso, xa que nela "non gaña o que primeiro chega, senon que gaña o que máis coloreado cheque a meta". Latorre quixo destacar tamén que "eleximos Vigo e a sua praia pola sua beleza incomparable" o que nas suas propias verbas fará desta proba "a mais bonita de todalas que se levan disputado en España". Por último a organización quixo agraceder a colaboración inestimable do Concello de Vigo e do propio alcalde na celebración deste evento lúdico-deportivo.
Descargar todas as imaxes