martes, 5 agosto 2014

O Concello celebra o venres a Noite Branca dos museos, adicado a Martín Códax e o Pergamiño Vindel

martes, 5 ago 2014

Así o informou este martes o alcalde de Vigo, quen explicou que todos os museos da Rede municipal participan o 8 de agosto nesta iniciativa, xunto aos xacementos arqueolóxicos do Castro e Toralla. O goberno local amplía os horarios dos recintos ata as 2am e organiza visitas guiadas e concertos, ademais da apertura dunha nova mostra. Haberá accións especiais e información nos museos sobre Martín Códax e o Pergamiño Vindel, en conmemoración do centenario do seu achado.

VIGOSÓNICO na Constitución

martes, 5 ago 2014

A praza da Constitución será o escenario da semana da mocidade das FESTAS coa programación de VIGOSÓNICO, do 4 ó 7 de agosto en horario de 22:00 a 00.30h. Hoxe martes 5 , turno para VICIOUS VIEW (Rock): 22:00 h - HILLS AND VALLEYS (Metalcore): 22:40 h - DYSNOMIA (Death melódico): 23:20 h