luns, 4 agosto 2014

VIGOSÓNICO na Constitución

luns, 4 ago 2014

A praza da Constitución será o escenario da semana da mocidade das FESTAS coa programación de VIGOSÓNICO, do 4 ó 7 de agosto en horario de 22:00 a 00.30h. Hoxe luns actuarás os seguintes grupos:<br /> - BEETHOVEN ROLLERS (Rock clásico): 22:00 h - ANTIFRÁGIL (Pop): 22:40 h e - SPOONFUL (Rock): 23:20 h

Os Bolechas nas Festas de Vigo

luns, 4 ago 2014

Do 4 ó 9 de agosto Os Bolechas andarán por diferentes zonas da cidade con pasacalles, karaoke, xogos, obradoiros educativos e moitas actividades. De 18:00h a 21:00h O luns 4 no Cruce Colón / Urzáiz (farola). O martes 5 na Zona peonil do Calvario. O mércores 6 agosto na Praza da Independencia. O xoves 7 en Navia. O venres 8 na Avd. Castelao (praza América) e o sábado 9 na Alameda de Bouzas.

Retirada de invitacións para concerto "40 HOT MIX ROAD SHOW-RADIO VIGO"

luns, 4 ago 2014

Infórmase de que este luns, día 4, iníciase o reparto das invitacións para acceder ao recinto interior do Auditorio ao aire libre de Castrelos, para o espectáculo "40 HOT MIX ROAD SHOW DE RADIO VIGO", que terá lugar o sábado 9 de agosto, entre as 21:30 h e as 02:30 h, dentro do programa "VIGO EN FESTAS 2014", nos seguintes puntos de recollida:

ANUNCIO<br /> DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO

CONVOCATORIA PARA O ANO 2014 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS

luns, 4 ago 2014

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 11.07.2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS" as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 145 de 30 de xullo de 2014.