CONVOCATORIA PARA O ANO 2014 DO PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS
A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 11.07.2014, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2014 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CREACIÓN DE EMPRESAS" as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 145 de 30 de xullo de 2014.
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas os/as empresarios/as individuáis e as pequenas e medianas empresas, promovidas por desempregados/as independentemente da súa forma xurídica, que iniciasen a súa actividade empresarial entre o 1 de abril de 2013 e ata o 31 de marzo de 2014 e que cumpra os requisitos establecidos nas bases reguladoras, entre os que cabe subliñar:
Ter o seu enderezo fiscal e social en Vigo.
Estar en situación de desemprego na data de inicio da actividade empresarial (como mínimo o 50% do capital social da empresa debe pertencer a persoas en situación de desemprego).
PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais que se contarán a partir do día seguinte a data de publicación no BOP.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, segundo modelo normalizado, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado ao "Programa de axudas municipais á creación de empresas".
INFORMACIÓN:
Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado.
Praza do Rei, 1 – 4ª planta.
Tfno.: 986 810 232 / 986 810 304
As bases reguladoras das axudas e os anexos para a solicitude, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo e na web: www.vigo.org.