luns, 25 mar 2013
O Pleno validou hoxe luns unha moción que rexeita "os recortes" nos comedores dos centros públicos e solicita ao goberno autonómico a retirada dunha medida que incrementará un 40% o prezo e conlevará que 3.000 escolares vigueses paguen pola comida desde o próximo curso, segundo denunciou a edil de Educación.
luns, 25 mar 2013
Todos os grupos coincidiron na sesión plenaria de hoxe luns en apoiar unha moción <i>popular</i> que insta ao Goberno local a elaborar unha estratexia de promoción turística de Vigo. Outro dos acordos unánimes desta mañá pasou por destinar aos equipos de fútbol base da cidade os campos de A Madroa, unha vez construída a Cidade do Deporte.
luns, 25 mar 2013
Un Pleno extraordinario aprobou hoxe luns as propostas dos distintos grupos políticos para Medalla de Vigo e Vigueses Distinguidos deste ano. O máximo galardón, tal e como propuxeron os grupos, recaerá sobre a Xunta Local de Vigo da Asociación Española contra o Cancro, mentres que Carlos Oroza, Antonio Romero Lorenzo, Gumersindo Espiña Campos, o colexio Compañía de María, Antón Piñeiro Lorenzo, a FAVEC e a Sociedade Deportiva Atlántida de Matamá serán os distinguidos deste 2013.
luns, 25 mar 2013
O alcalde e a concelleira de Urbanismo pasaron revista hoxe luns ao proxecto de área comercial en Cabral que impulsa Eurofund. Durante o encontro que mantiveron con responsables deste grupo inversor europeo, ratificouse a implicación do Goberno local na dirección do proceso para a posta en marcha desta importante actuación urbanística para a cidade.
luns, 25 mar 2013
A Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), acolle a mostra de traxes tradicionais "1809. Os papeis do home e da muller", integrada nos actos da Reconquista da vila de Vigo, organizados pola AVC do Casco Vello, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.
luns, 25 mar 2013
O Museo Liste de Vigo alberga ata o vindeiro 30 de marzo unha pequena mostra de figurados portugueses de temática relacionada coa Semana Santa baixo o nome "A paixón segundo Barcelos".