Escoitar

Convocatoria específica para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo tempada 2012/2013

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 22 de febreiro de 2013, adoptou o seguinte acordo: Aprobar as Bases e a Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á súa actividade deportiva da tempada 2012/2013 (BOP 11 de marzo de 2013), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2013 con cargo á partida orzamentaria 3410.489.00.00 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro, un importe total de 600.000,00 euros (seis centos mil euros).

venres, 22 mar 2013
Esta convovatoria, está destinada a Clubs deportivos, asociacións e agrupacións deportivas, e entidades deportivas que teñan o seu enderezo social en Vigo e que cumpran os requisitos que establece esta convocatoria, co obxecto de contribuir a financiar os gastos ocasionados polo funcionamento das entidades deportivas da cidade e a súa actividade deportiva na tempada 2012/2013.
Tal como estabrece a clausula 10ª das bases, o prazo para presentar as solicitudes, será de 20 días naturais contados dende o día seguinte a súa publicación no Boletín Oficial da Província (BOP 11 de marzo de 2013.

As bases e os anexos desta convocatoria atópanse ao público na páxina Web do Concello, www.vigo.org e na Concellería de Deportes (Pta. 10ª do Concello de Vigo).