Escoitar

Exposición "1809. Os papeis do home e da muller"

A Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2), acolle a mostra de traxes tradicionais "1809. Os papeis do home e da muller", integrada nos actos da Reconquista da vila de Vigo, organizados pola AVC do Casco Vello, coa colaboración da Concellería de Cultura e Festas.

luns, 25 mar 2013
1364215683traxes.jpg
A exposición recrea aspectos da vida cotián dos nosos antergos ao mesmo tempo que ensina os traxes que usaban e que son, na actualidade, os nosos traxes tradicionais que representan a nosa cultura e as nosas tradicións.

A exposición está comisariada por Patricia González Iglesias e estará aberta ao público ata o 14 de abril.
Descargar todas as imaxes

Máis información