martes, 22 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitaron este martes as instalacións do centro de día Atalaia, onde mantiveron unha xuntanza cos usuarios e usuarias do centro, así como coa súa plantilla. No encontro o tenente de alcalde asegurou que estas instalacións son un bo exemplo do preciso que é continuar apostando pola xestión pública dos servizos de benestar.
martes, 22 dec 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou hoxe que a séptima edición de Vigolandia, que se celebra do 26 ao 30 de decembro, afonda no seu carácter social coa incorporación "por primeira vez" dun punto de recollida de xoguetes para entregar a entidades benéficas da cidade. Segundo o tenente de alcalde, trátase xa dunha das propostas "tradicionais do Nadal" de Vigo, xunto ao alumeado, a cabalgata ou o resto de actividades que organizan a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Cultura.
martes, 22 dec 2009
O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou este martes que o programa MoveVigo Nadal 2009 organizado pola Federación Veciñal Eduardo Chao amplía ata 95 o seu número de actividades para chegar a un total de 26 barrios e parroquias. Na presentación do programa, na que tamén participou o responsable de Cultura da Federación Veciñal, Xosé Couñago, o edil afirmou que "do que se trata é de achegar a cultura a toda a cidadanía".
martes, 22 dec 2009
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural realizou o sorteo dos nenos e nenas que acompañarán os Reis Magos na Cabalgata do 5 de xaneiro. Ademais dos 40 rapaces seleccionados, hai 12 suplentes para cubrir posibles baixas ou renuncias.
martes, 22 dec 2009
Mais dun cento de voluntarios e voluntarias da cidade recollerán hoxe martes de mans do alcalde, Abel Caballero e do concelleiro de Participación Cidadá, Santos Hector os diplomas acreditativos dos cursos e obradoiros realizados o longo deste ano. Os cursos centraronse en formación básica, primeiros auxilios, voluntariado en servicios sociais, habilidades socias, lingua de signos,risoterápia e relaxación.
martes, 22 dec 2009
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santi Domínguez, iniciou este martes no mercado de Teis o reparto dos 4.000 exemplares da Axenda dos Mercados Municias. Tras a súa distribución no mercado de Teis, a axenda repartirase tamén nas instalacións do Berbés, Bouzas, Cabral, Progreso e Travesas, de xeito que os vendedores e vendedoras teñan "un instrumento para difundir e dar a coñecer" estes establecementos municipais cos que agasallar aos seus clientes.<br />