xoves, 30 xullo 2009

Urbanismo concedeu a licencia que regulariza o edificio de Jacinto Benavente, no que viven 150 familias

Segundo informou o alcalde, a Xerencia de Urbanismo deu conta este xoves da licencia concedida ao edificio de Jacinto Benavente, que atopábase en situación irregular por "defectos de tramitación" do anterior PXOM que agora quedan subsanadas. Sobre 150 familias ven legalizada a situación das súas vivendas, e o Concello aforra uns 50 millóns de euros en posibles indemnizacións.

Xesus López asegura que Alternavigo converteuse, nunha soa edición, no "maior festival de rock e metal de Galicia"

xoves, 30 xul 2009

O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou hoxe que Alternavigo, nunha soa edición, "converterse no maior festival de rock e metal de Galicia, cunha magnífica resposta do público". Desta forma, o obxectivo desta segunda edición é superar os 12.000 espectadores do ano pasado, feito que parece posíbel "dada a resposta da xente nestos días", explicou o representante da organización, Breogán Cabezas.

O Concello e Aqualia asinaron un convenio de colaboración para o programa de festas de Vigo

xoves, 30 xul 2009

O alcalde, Abel Caballero, e o director da delegación de Galicia de Aqualia, José Luis García Ibañez, rubricaron este xoves un convenio polo que a entidade de xestión do auga aporta 100.000 euros principalmente para as celebracións das Festas de Vigo, e tamén para outros fins sociais a determinar. O alcalde definiu a Aqualia como "bos cooperantes coa cidade".