venres, 30 nov 2007
O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santiago Domínguez, anunciou este venres durante a súa visita ao mercado do Progreso que o Concello acaba de adxudicar as obras para iniciar a primeira fase da reforma das súas instalacións.
venres, 30 nov 2007
O Círculo Mercantil acollerá o luns 3 de decembro unha ponencia sobre as medidas de sanidade nos mercados municipais, na que participarán representantes do Mercado de La Boqueria, de Barcelona. A iniciativa foi presentada este venres pola concelleira de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo, María Jesús Lago.
venres, 30 nov 2007
A parroquia de San Andrés de Comesaña, e en concreto o paseo do Lagares, acolle este domingo, 2 de decembro, a 29ª edición do Memorial Belarmino Alonso de cross, segundo indicou este venres o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso. Na competición, organizada polo Comesaña Sporting Club e que conta co apoio da propia concellería, inscribíronse 564 deportistas.
venres, 30 nov 2007
Este sábado, ás 17.30 horas, inaugurarase no parque de Castrelos a pista de xeo, que será a primeira das iniciativas postas en marcha no marco da programación das actividades recreativas e de dinamización da cidade impulsadas pola Tenencia de Alcaldía con motivo do Nadal.
venres, 30 nov 2007
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, expresa o seu máis firme apoio aos actos convocados na cidade con motivo da conmemoración do Día Mundial de Loita contra a SIDA que terán lugar este sábado baixo o lema "Detén a SIDA. Mantén a promesa".
venres, 30 nov 2007
Os mozos e mozas de Vigo serán as verdadeiras estrelas na vindeira fin de semana dentro do programa "Tardes e Noites Vivas" da Concellería de Xuventude, onde se celebrará o cásting "Ti es a estrela" para seleccionar as persoas que amosarán as súas dotes artísticas, a finais de decembro, en modalidades como o baile, a música e os monólogos.
venres, 30 nov 2007
A compañía La Mar de Marionetas ofrecerá ao público do Festival ARE-MORE unha inmersión no fantástico mundo da mitoloxía e dos títeres grazas á súa última produción, "Orfeo e Eurídice", unha ópera de C.W. Gluck. As dúas primeiras funcións serán o domingo 2 de decembro ás 16.30 e 19.00 horas no Teatro Salesianos.