Escoitar

O Concello inicia a primera fase da reforma do mercado do Progreso e incentiva a súa dinamización

O tenente de alcalde e concelleiro de Comercio, Santiago Domínguez, anunciou este venres durante a súa visita ao mercado do Progreso que o Concello acaba de adxudicar as obras para iniciar a primeira fase da reforma das súas instalacións.

venres, 30 nov 2007
1196435443progreso301107.jpg
O proxecto, orzamentado en 325.000 euros, centrarase na adecuación do edificio á normativa de seguridade. Así, construiranse dúas saídas de emerxencia a través dos sotos, unha á rúa Progreso e outra a Eduardo Iglesias, e tamén se abordará a mellora da instalación eléctrica, así como dos servizos.

Santiago Domínguez salientou a aposta que desde a Concellería de Comercio se está facendo polo pequeno e mediano comercio, e precisou que "os mercados son unha peza fundamental nesta política". Por iso, ademais das reformas estruturais, vanse desenvolver tamén iniciativas de dinamización do mercado. "Imos colaborar coa directiva para aproveitar os espazos exteriores e interiores desocupados para poñer en marcha actividades que contribúan a dinamizar o Progreso e facer del un mercado emblemático", explicou. Estes locais poderan cederse para actividades, sen ánimo de lucro, que irán desde campañas de degustación ata exposicións, obradoiros de elaboración de alimentos e exhibicións de cociña por parte de restaurantes.

O tenente de alcalde referiuse tamén ao concurso público que se abrirá para que a xestión do mercado pase novamente aos comerciantes. Dixo que agarda que sexa unha realidade o vindeiro ano.
Descargar todas as imaxes