luns, 17 nov 2003
A Comisión de Goberno aprobou o prego de condicións para a prestación de servicios na casa de acollida e piso titulado para mulleres maltratadas no Concello de Vigo por un total de 292.728 euros.
luns, 17 nov 2003
O terceiro Torneo de Fútbol de Corpos e Forzas de Seguridade, organizado pola Policía Local de Vigo, xogará a súa final o 4 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón do Carme. Os deportistas Pablo Beiro e Chano Rodríguez serán os encargados de facer o saque de honra da final do campeonato, adicado este ano ás persoas discapacitadas, con motivo do Ano Europeo do Discapacitado.
luns, 17 nov 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asistiu hoxe á presentación de sete novos vehículos cos que a empresa concesionaria Vitrasa contribuirá á renovación da súa flota.
luns, 17 nov 2003
Un ano despois da catástrofe do Prestige e da actuación voluntaria e solidaria da cidadanía viguesa a Oficina Municipal de Voluntariado reúne a diversos responsables e técnicos coñecedores da situación da xestión do voluntariado nun Seminario sobre o Voluntariado Ambiental, que baixo o título "O papel do Voluntariado Ambiental no Municipio de Vigo", terá lugar o 18 e 19 de novembro na Aula Sociocultural CaixaGalicia (Rúa Policarpo Sanz, 21) das 18:00 as 21:45 horas. O Seminario é gratuíto e no precisa inscrición en ningures, pendente só do aforo da Aula Sociocultural CaixaGalicia.
luns, 17 nov 2003
The Eroica Quartet formado por Peter Hanson (violín), Lucy Howard (violín), Gustav Clarkson (viola), David Watkin (violoncello) ofrecerá os días 17 e 18 un concerto no MARCO, dentro da programación do festival de música ARE MORE que organiza a Concellería de Cultura.