O Alcalde e Calviño asisten á presentación da nova flota de Vitrasa
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asistiu hoxe á presentación de sete novos vehículos cos que a empresa concesionaria Vitrasa contribuirá á renovación da súa flota.
Durante a súa intervención, o Alcalde, acompañado polo concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, fixo especial fincapé na necesidade de fomentar o uso do transporte público como unha medida básica para mellorar a circulación da cidade. O rexidor vigués destacou que a intención do Goberno municipal é seguir traballando para que os cidadáns poidan reducir o uso do vehículo particular.
A empresa concesionaria asegura que a renovación periódica dos seus autobuses, con un máximo de 12 anos, permite afirmar que a flota da cidade de Vigo é unha das máis completas de España, desde que en 1994 se adxudicara por segunda vez a concesión do Transporte Urbano a Vitrasa. Segundo a empresa, sobre unha flota permanente de 116 unidades, Vitrasa renovou prácticamente o 100 por cen da súa flota, desde que se iniciara este segundo periodo concesional.
Os novos vehículos reúnen todas as condicións necesarias de confort, accesibilidade e seguridade, tanto para os clientes como para os traballadores. Ademais, todos eles cumpren os requisitos que esixe a certificación en sistemas de xestión medioambiental.