martes, 9 setembro 2003

Electromecánicos mellora o alumeado público en Coruxo e Matamá

A concellería do Servicios de Electromecánicos iniciará a substitución de luminarias de vapor de mercurio por outras de vapor de sodio nas parroquias de Coruxo e Matamá co fin de mellorar o rendemento lumínico e segundo acordo tomado na Comisión de Goberno. O importe das obras de mellora desta infraestructura eléctrica é de 159.990,16 euros.

O Museo do Mar convoca bolsas á producción artística

martes, 9 set 2003

O Museo do Mar convoca, dentro do ciclo "A Mares", un certame de "Nova Creación Visual" dotado cun presuposto de 30.000 euros. Os proxectos seleccionados formarán parte da exposición "Olladas oceánicas", que se inaugurará no Museo o 19 de novembro de 2003, centrada na creación plástica galega desde o movimento Atlántica á actualidade.