O Museo do Mar convoca bolsas á producción artística
O Museo do Mar convoca, dentro do ciclo "A Mares", un certame de "Nova Creación Visual" dotado cun presuposto de 30.000 euros. Os proxectos seleccionados formarán parte da exposición "Olladas oceánicas", que se inaugurará no Museo o 19 de novembro de 2003, centrada na creación plástica galega desde o movimento Atlántica á actualidade.
O certame "Nova creación visual" é un dos proxectos máis ambiciosos do ciclo cultural " A mares", que o Museo do Mar de Galicia acolle desde o pasado mes de xullo e que se prolongará ata finais do mes de xaneiro de 2004. O concurso está aberto a tódolos artistas galegos ou residnetes en Galicia nados despois de 1968, que deberán presentar o seus proxectos antes do 10 de outubro deste ano. Os traballos seleccionados formarán parte da exposición "Olladas oceánicas" que se inaugurará o 19 de novembro. Ademáis os proxectos pasarán a engrosar os fondos do Museo do Mar, que abrirá de forma permanente a partir da próxima primaveira.
O Museo do Mar dispon dun presuposto de 30.000 euros para este certame, que se repartirá entre as obras seleccionadas polo xurado de forma que ningún dos traballos supere a cuantía de 6.000 euros brutos. O xurado está composto por Pablo Carrera, director do Museo do Mar; Carlota Álvarez Basso, directora do MARCO; Miguel Fernández-Cid, director do CGAC e Manuel Oliveira, director de Hangar.
O xurado do certam prestará especial atención ós proxectos producidos con tecnoloxías dixitais ou novos medios, ainda que se pode participar con calquera tipo de soporte, sempre que presente unha especial relación entre a arte contemporánea e o mar.
Descargar todas as imaxes