Escoitar

Electromecánicos mellora o alumeado público en Coruxo e Matamá

A concellería do Servicios de Electromecánicos iniciará a substitución de luminarias de vapor de mercurio por outras de vapor de sodio nas parroquias de Coruxo e Matamá co fin de mellorar o rendemento lumínico e segundo acordo tomado na Comisión de Goberno. O importe das obras de mellora desta infraestructura eléctrica é de 159.990,16 euros.

martes, 9 set 2003
1063181415icoruxo.jpg
Iglesia románica de Coruxo
O propósito desta mellora é continuar coa política de aforro enerxético e eficiencia lumínica e a substitución de luminaria aberta con lámpada de mercurio de 80 w por outras luminarias pechadas equipadas en vapor de sodio de baixa presión para unha potencia de lámpada de 35 w con grupo óptico e difusor que lle proporcionan un alto rendemento lumínico .

A actuación que se levará a cabo estenderase ós seguintes puntos:

-Coruxo: Estrada Fragoselo, Rúa Parrocha, Rúa Bouzós e Capela San Sebastián.

-Matamá: Rúa Manuel de Cominges, Rúa Parada, Rúa de Canteiros, Rúa Castro e Alameda de Matamá.

Na actualidade no termo municipal de Concello de Vigo aínda existen instaladas unhas 12.800 luminarias abertas con lámpadas de vapor de mercurio de 80w, estando na súa maior parte instaladas na zona do rural. Os principais problemas deste tipo de lámpadas son o seu baixo rendemento lumínico e a súa sensibilidade ante as caídas de tensión.

Dende a Concellería de Electromecánicos tense definido como unha das políticas prioritarias a de mellora das infraestructuras (liñas eléctricas, luminarias, apoios, centro de mando e protección) das instalacións da iluminación pública, para tratar de acadar unhas condicións óptimas de funcionamento con un consumo racional de enerxía para obter o máximo rendemento lumínico.
Descargar todas as imaxes