Escoitar

Ábrese o prazo de inscrición da Escola Municipal de Danza

A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo principia proximamente un novo curso coas modalidades de danza tradicional galega e percursión. Os interesados poden inscribirse do 8 de setembro ao 3 de outubro e deben presentar as súas solicitudes nas dependencias da escola, situada no soto do Concello.

luns, 8 set 2003
1063008921logo_danza.jpg
Escola Municipal de Danza
Os prezos da matrícula polo curso completo son de 18 € para os alumnos de 4 a 8 anos; 24 € para maiores de 8 anos e 12 € para alumnos de percursión.

A oferta complementaria consta de actividades nas que pode participar o alumnado coas que se pretende fomentar a difusión da cultura vencellada á danza tradicional. Entre outras, está a asistencia a cursos monográficos, festivais, museos e saídas ao campo.

A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo foi creada en 1979 e, dende aquela, milleiros de vigueses aprenderon e familiarizáronse coas danzas tradicionais galegas. Moitos dos seus alumnos son transmisores do folclore a través doutros grupos espallados por Vigo ou outros concellos.

Os festivais e actividades organizados pola Escola Municipal de Danza son o ”Festival na punta do pé”, ”Festival dos reencontros”, ”Día da Muiñeira”, ”Festival Folclórico Concello de Vigo”, ”Mostra do Traxe”, ”Enxalzamento do traxe” e ”Xornadas de música e danza tradicionais”.

Os interesados poden conseguir máis información sobre horarios, prezos e matrícula no teléfono 986-810167 ou na súa páxina web.
Descargar todas as imaxes