Escoitar

Campionato in-line Cidade de Vigo 2003

A concellería de Xuventude organiza esta fin de semana o campionato de patinadores "In -Line" Cidade de Vigo 2003 que terá lugar o sábado na pista de skatepark do Castro e domingo na pista half-pipe de Samil.

venres, 5 set 2003
As persoas que desexen participar poderán anotarse o sábado pola mañá ata as 16:00 h.,momento no que escomezará a competición. A cuota a abonar será de 3 € e os beneficios recadados irán destinados á creación dunha asociación de patinadores in-line en Vigo coa finalidade de dar a coñecer e potenciar este deporte na cidade.

O campionato comenzará o sábado 6 ás 11 da mañá na pista de patinaxe do Castro cun entrenamento de street que se prolongará ata o xantar, e a continuación, ó longo da tarde, terán lugar as clasificacións dos patinadores e as posteriores finais. A entrega de premios que consistirán en trofeos, medallas e premios en especie, realizarase ó final do día, sobre as 21:00 horas.

O domingo continúa o campionato na modalidade de half-pipe seguindo un
horario moi similar ó da xornada previa, no que a mañá adicarase a
entrenamento e a tarde á competición en sí e á posterior entrega de premios.

Agárdase que a participación e concurrencia de público deste evento
supere a de edicións anteriores dado o crecente interese deste deporte na cidade.