xoves, 4 setembro 2003

Na praia, un libro: balance

A iniciativa de animación á lectura no verán promovida pola Concellería de Cultura foi acollida con satisfación polos 700 usuarios do servicio. O vindeiro ano extenderase esta experiencia a tódalas praias de Vigo.

Aberto o prazo das Escolas Deportivas

xoves, 4 set 2003

A Concellería de Deportes abre, durante o mes de setembro, o prazo de inscrición para participar no programa municipal das Escolas Deportivas . As escolas están orientadas á práctica do deporte cun ensino de calidade e dirixidas a todas e todos os alumnos que cumplan os requisitos de idade de cada modalidade que vai dende os 6 ós 18 anos.

Exposición de Xaquín Chaves na Casa das Artes

xoves, 4 set 2003

O concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez, inaugura hoxe unha exposición de pintura de Xaquín Chaves que leva por título " O bosque de trazos e cronos". A exposición permanecerá aberta ata o 5 de outubro na Casa das Artes.