Escoitar

O Arquivo Municipal pon a disposición do público a colección dixitalizada de Faro de Vigo

O Arquivo Municipal pon a disposición do público a colección completa e dixitalizada de Faro de Vigo. Desde este mes de setembro, todos aqueles cidadáns que así o desexen poderán consultar nas dependencias municipais os exemplares deste diario comprendidos entre o 3/11/1853 ata o 31/12/99.

mércores, 3 set 2003
Para acceder a calquera dos 714 CDs nos que se recolle a historia da cidade, os usuarios deberán pedir data ao Arquivo Xeral no teléfono 986810100 (extensión 1374), ou por correo electrónico ofi.arquivoxeral@vigo.org, indicando os datos do solicitante, as datas e horas, según preferencia, e un correo ou teléfono de resposta.

Esta iniciativa é froito dun convenio de colaboración entre o Concello e o Decano da prensa española, para a cesión por parte do Concello de 49 exemplares deste xornal, con datas comprendidas entre 1853 e 1875, que estaban depositados na hemeroteca municipal. En contraprestación, o Faro de Vigo cede a colección completa e dixitalizada dese diario.

Este servicio de documentación ven a sumarse a colección do desaparecido “El pueblo gallego”, que o Arquivo municipal tiña xa a disposición dos cidadáns. Douscentos vinte discos compactos recollen todos os números que este xornal publicou entre os anos 1924 e 1979.