mércores, 30 xul 2003
Vigo é a única cidade galega cun Plan de Drogodependencias, un conxunto de programas e medidas dirixida a reducir o consumo de substancias adictivas e a paliar as súas consecuencias. A Xunta de Galicia decidiu reducir a súa contribución ao Plan e só achegará un terzo do gastado polo Concello.
mércores, 30 xul 2003
O Museo do Mar, entidade que xestiona a Fundación Consorcio da Zona Franca de Vigo, acollerá ata o 19 de outubro unha mostra de pintura de tema mariñeiro. Nela escólmanse grandes obras e autores da pintura galega contemporánea: Laxeiro, Castelao, Lloréns...
mércores, 30 xul 2003
O auditorio do Centro Cultural Caixanova acollerá o xoves 31 o concerto do instrumentista ruso Iuri Rozum. O concerto, de entrada libre ata cubrir o aforo, está organizado pola Concellería de Festas e Animación sociocultural, e comezará ás 21:00.
mércores, 30 xul 2003
No programa das Festas do Cristo para hoxe recóllese unha nova xornada de animación infantil na Alameda de Bouzas e mais a actuación da banda de música de Coruxo.
mércores, 30 xul 2003
O Concello de Vigo e a Xunta coinciden á hora de sinalar a nesidade de poñer en marcha un plan de choque para rehabilitar o Casco Histórico da cidade. Esa foi unha das conclusións que se desprende da reunión que mantiveron en Santiago está mañá Xosé Carlos Arias e Mauricio Ruiz, concelleiros de Patrimonio Histórico e Urbanismo, respectivamente, co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, José Antonio Redondo. Os representantes de ámbalas dúas institucións volverán a reunirse en setembro para avanzar na posta en marcha deste proceso de rehabilitación.