O BNG solicita a convocatoria "rápida e urxente" da comisión do botellón
Nun momento no que xa se coñece o anteproxecto de lei que regula o consumo de bebidas alcólicas na rúa, o BNG solicita a convocatoria "rápida e urxente" da comisión do botellón para despois de Semana Santa, segundo manifestou este luns o tenente de alcalde, Santi Domínguez, nunha rolda de prensa conxunta coa concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso.
Ámbolos dous subliñaron a necesidade de que se regule a práctica do botellón na cidade co obxectivo de lograr que o dereito dos mozos e mozas á diversión sexa compatible co dereito da cidadanía ao descanso e neste sentido Santi Domínguez indicou que a praza da Estrela pode ser unha boa alternativa.
"Cremos que hai que tomar unha medida clara e seria", sinalou o tenente de alcalde, quen subliñou que a decisión debería ser consensuada por todas as forzas políticas. "Non iremos con ningunha proposta pechada, posto que pode haber algunha mellor que a nosa", adiantou. A única condición que segundo Santi Domínguez debe ter o espazo no que se reúna a mocidade é a de compatibilizar o dereito ao descanso dos veciños co dereito á diversión dos mozos e as mozas, polo que á praza da Estrela poder engadirse algunha zona do Castro. Neste sentido, a concelleira de Xuventude sinalou que precisamente na rúa Joaquín Loriga, na praza de Portugal e no Berbés non se cumpre este requisito polo que se causan "considerables prexuízos aos veciños".
"A cuestión do botellón ten que ser abordada dende distintas áreas, non só dende Xuventude, de xeito que Seguridade, Limpeza e Sanidade, que corresponden a outras áreas de goberno, se teñen que comprometer a aportar solucións", explicou Iolanda Veloso. Unha vez que o goberno tome as decisións oportunas, a estratexia a seguir "non é facer unha política de represión, senón de información á mocidade sobre os espazos nos que pode reunirse", indicou Santi Domínguez, quen engadiu que só despois dun certo tempo "habería que tomar outro tipo de medidas". "Neste tema, as sancións non son o máis importante, senón que o aspecto fundamental é o da educación e o de concienciar á mocidade da necesidade de facer compatibles ámbolos dous dereitos", sinalou.
Xa no mes de novembro, o tenente de alcalde, noutra comparecencia conxunta coa concelleira de Xuventude manifestara a necesidade de crear unha comisión sobre o botellón no Concello de Vigo, sinalando a pertinencia de facer desaparecer o botellón das zonas nas que non son compatibles mediante o incremento da seguridade nos espazos que efectivamente son compatibles.
Descargar todas as imaxes