O programa formativo da Casa do Cesteiro inicia o módulo de especialización en técnicas tradicionais
A Casa do Cesteiro inicia o terceiro módulo do seu III programa formativo en técnicas de cestería que principiou o pasado mes de marzo co obxectivo de formar novos cesteiros que participen na recuperación das técnicas tradicionais deste oficio artesán ó tempo que se dinamiza a vida económica e cultural do Barrio Histórico de Vigo.
O módulo de especialización terá unha duración de 300 horas lectivas durante as que os alumnos e alumnas traballarán a técnica tradicional en cestería elixida por eles mesmos.
O programa formativo desglósase en tres módulos de traballo. O nivel I introduce os alumnos na técnica básica da cestería, nomenclatura e ferramentas. Durante o segundo módulo trabállanse técnicas máis sofisticadas así como os difrentes materiais empregados no oficio. A cestería tradicional urbana, a cestería de vergas e a cestería de madeira fendida rematan o nivel II. Finalmente, os alumnos teñen a oportunidade de especializárense nunha das técnicas tradicionais durante o III e último módulo.
Os interesados en participar no módulo de especialización deste programa formativo deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Vigo unha solicitude de inscrición e un currículum vitae que acredite debidamente o coñecemento das técnicas de cestería tradicional.
O módulo, gratuíto, comeza o vindeiro 17 de setembro, en horario de 09,00h. a 14,00h., e desenvolverase na Casa do Cesteiro, do Centro de Artesanía Tradicional, sita na rúa Real, nº 10 do Casco Vello.
Descargar todas as imaxes