O alcalde de Vigo envíalle unha mensaxe de solidariedade ao seu homólogo de Nova Iork
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, envioulle hoxe un telegrama a Rudolf Giuliani, máximo rexedor municipal de Nova Iork, transmitíndolle a solidariedade do pobo de Vigo cos habitantes da “gran mazá”. No telegrama, Castrillo sinala: “desexo transmitirlle en nome da cidade de Vigo a nosa dor e solidariedade para todo o pobo e a cidade de Nova Iork coa esperanza de que nunca ningunha poboación do mundo sufra tanto horror”.
O Concello de Vigo colocou hoxe a súa bandeira a media asta en sinal de dó polos atentados perpetrados onte nos Estados Unidos. O alcalde manifestou o seu pavor ante as imaxes da atrocidade criminal e fixo votos para que esta ignominiosa acción sexa o derradeiro atentado terrorista na historia da humanidade.