Montse Quintela ofrece a súa pintura "dende o outro lado" na Casa Galega da Cultura
Afeitos como estamos a este mundo poli-saturado de monólogos, unha magnífica opción é saltar o muro, sen contemplacións, e plantarse alén da expresión pictórica. Esta é a vía que explora Montse Quintela na Casa Galega da Cultura con "Dende o outro lado", unha selección das obras máis maduras desta pintora de raíces vasco-galegas, un edén no que a figuración e a abstracción ceden o paso para que o espectador descubra e goce do seu tacto visual.
O representado permanece no seu territorio cun carácter retroactivo, reversible, adoptando morfoloxías ou desfigurándose nun caos impredicible. Non hai nada que se deixe ao azar, nada vulnerable a unha minuciosa inspección visual. Nada sobra e nada parece faltar, os traballos equilíbranse constantemente ante a mirada persoal de cada espectador. O mellor de cada cadro está fóra del. Está nese "outro lado" ao que apela a autora, no lado de quen observa, de quen escoita e de quen recibe os estímulos inquedos da vida que se foi sedimentando aos poucos nesta obra persoal, xenerosa e transferible.
A súa técnica mixta está ben asumida porque é unha técnica sen alardes, un modus operandi que flúe libre para contarnos unha viaxe, unha historia. A arte defínese por norma como un diálogo de estímulos entre a vida e o artista, e unha paixón profunda polo vivido é o que move a esta autora a invitarnos a darlle a volta á tortilla, a ver a outra cara da moeda, a espertar en nós unha empatía en continua alerta.
Montserrat Quintela non só coñece como poucos como se xera un sentimento, como se gardan os recordos. Na maioría destes traballos tamén se describe a forma intrínseca ou como se plasma un proceso apaixonado.
Unha procura constante e un estilo definido conviven paradoxalmente sen conflitos, forxando unha identidade propia e sorprendentemente fresca. "Dende o outro lado" é unha exposición dinámica e chea de descubrimentos. Poderá visitarse na Casa Galega da Cultura ata o 2 de marzo nos seguintes horarios: de luns a venres, de 18.00 a 21.30 horas; os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas, e os domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas.
Descargar todas as imaxes