venres, 1 febreiro 2008

A Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" presenta a súa programación de Entroido

venres, 1 feb 2008

A Federación de Asociacións Veciñais "Eduardo Chao" ofrece un conxunto de actividades complementarias ás que o Concello organiza con motivo do Entroido para que nenos e maiores gocen destas festas da maneira máis participativa posible. Serán máis de 50 festas, bailes, obradoiros, espectáculos e outras actividades que se desenvolverán do 2 ao 23 febreiro baixo a denominación Move Vigo Entroido 2008.

O BNG trasladará á Xunta de Goberno local do luns as reclamacións dos afectados pola depuradora do Lagares

venres, 1 feb 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou que o BNG trasladará á Xunta de Goberno Local do vindeiro luns as suxestións e reclamacións que lle manifestaron os representantes dos afectados pola depuradora do Lagares durante a reunión mantida este venres. Con estes encontro, que foi cualificado como "absolutamente cordial" por Santi Domínguez, o tenente de alcalde deu cumprimento a unha petición dos veciños "feita dende hai tempo".

O BNG defende regular o botellón para compatibilizar os dereitos á diversión e ao descanso

venres, 1 feb 2008

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este venres que o BNG defende a posibilidade de regular a práctica do botellón para lograr que o dereito dos mozos e mozas á diversión sexa compatible co dereito da cidadanía ao descanso. Neste sentido, Santi Domínguez sinalou que o BNG quere que "canto antes" se convoque a comisión correspondente para reinvindicar a compatibilidade destes dous dereitos.