O Trofeo “Cidade de Vigo” de baloncesto feminino homenaxeará a Xosé Manuel Carballo e Camilo Pérez
O concelleiro de Deportes, Santiago Domínguez, presentou os trofeos “Cidade de Vigo” de baloncesto masculino e feminino, balonmán e fútbol-sala “como colofón a un traballo de coordinación, colaboración e cooperación destes clubes de alta competición da cidade”, explicou.
O trofeo “Cidade de Vigo” de baloncesto masculino está organizado polo polo clube Helios de Vigo e disputarase o 11 de setembro ás 19:30 no pavillón central das Travesas. Xógase segundo o sistema 3x1 e os equipos participantes son o Clube de baloncesto Leche Río Breogán de Lugo (Liga ACB), o Clube do Porto basquetebol, SAD (Copa Korac) e o Clube de baloncesto Helios Zorka de Vigo (Liga EBA).
O equipo do Real Club Celta-Banco Simeón de baloncesto feminino xogará contra o Yaya María Ensino o vindeiro 13 de setembro ás 19:30 e este partido lembrará a memoria de Xosé Manuel Gómez Carballo e Camilo Pérez, presidente e vicepresidente bosquistas.
O trofeo “Cidade de Vigo” de balonmán xogarase entre o Academia Octavio Pilotes Posada e o Boavista Futebol Clube o 12 de setembro ás 20:00 no pavillón central das Travesas.
O Redcom Vigo de fúbtol sala e Caja Segovia (campión do mundo e de Europa 2000) disputarán o III Trofeo Concello de Vigo o sábado 8 de setembro a partir das 20:00 no pavillón das Travesas.