O Concello retirará todos os valados publicitarios en situación ilegal
O Consello da Xerencia de Urbanismo adoptou hoxe a decisión de contratar os servicios dunha empresa para retirar todos os valados publicitarios e de obra espallados pola cidade que non conten coa pertinente autorización. Asemade, o Consello decidiu comezar a redactar unha Ordenanza para regular a instalación de valados de publicidade no municipio.
A Concellería de Infraestructuras e Medio Ambiente realizou un informe pormenorizado sobre todos os valados publicitarios repartidos pola cidade. Segundo os datos do estudio, na actualidade están colocados no municipio 1.780 elementos publicitarios, dos que a maioría, 925, son valados de propaganda. Os outros elementos son indicadores e sinalizacións de empresas e establecementos de hostelería (727) e paneis de obras xa rematadas (128).
Segundo explicou o concelleiro Amador Fernández, moitos destes valados non contan con autorización. A maioría están ubicados en terreos particulares. O traballo de retirada comezará polos paneis de obras que continúan instalados malia que os traballos aos que fan referencia xa están rematados.
A Ordenanza que vai elaborar o Concello establecerá os lugares onde se poden instalar os valados publicitarios, o deseño que deben ter e as medidas de seguridade coas que deben estar instalados. Así mesmo establecerase un sistema para garantir a identificación das empresas propietarias e un réxime de sancións para os casos nos que se vulnere a normativa.