A mesa de contratación proporalle ó Pleno a adxudicación do Pxom a Consultora Gallega
A mesa de contratación da Xerencia de Urbanismo decidiu propoñer que se lle adxudicase á empresa Consultora Gallega a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e rexeitou o recurso presentado pola sociedade Aguirre Newman, que quedara excluída do concurso.
Consultora Gallega presentou unha oferta económica de 198.470.000 pesetas. O equipo, dirixido polo arquitecto Juan Ignacio Zumárraga, está integrado por 43 persoas e conta con asesores externos como César Portela, Xerardo Estévez, Xosé Luis Pereiro, Xaime Garrido, Marián Leboreiro e Gabriel Santos.
O prego de condicións para a contratación do Plan Xeral de Ordenación Municipal foi consensuado polos grupos municipais e por tódolos membros do Consello Sectorial de Urbanismo. A adxudicación definitiva do traballo deberá ser aprobada polo Pleno da Corporación municipal.