Caixanova patrocina tres actividades organizadas pola Fundación Laxeiro
O presidente-delegado da Fundación Laxeiro, Carlos Príncipe e o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron un convenio para patrocinar unha exposición divulgativa, unha mostra itinerante e un ciclo de conferencias. Caixanova financiará con seis millóns de pesetas estas actividades.
A exposición divulgativa titulada ”Isto faino calquera, claves para entender a arte contemporánea” pretende un achegamento á arte contemporánea por parte de públicos que normalmente son alleos a este tipo de manifestacións artísticas.
A exposición artellarase segundo un proxecto asinado polo comisario José Ballesta de Diego e exhibirase desde o 9 de novembro ata o 23 de decembro de 2001 na sede da Fundación Laxeiro, na Casa das Artes.
A Fundación Laxeiro prepara tamén unha exposición itinerante que se exhibirá en tres cidades de Galicia titulada ”Laxeiro, obras da colección permanente de Vigo”. O comisario desta mostra é o director da Fundación Laxeiro, Javier Pérez Buján. Estará integrada por un máximo de 35 pezas, todas elas pertencentes á colección permanente da Fundación, variando o número segundo as características espaciais de cada lugar expositivo.
Ademais, o convenio inclúe a realización do ciclo de conferencias ”Aproximación a dez conceptos da arte contemporánea” que atraerá a Vigo, do 12 ó 16 de novembro, a diversos expertos do pensamento estético do Estado español que ofrecerán os seus relatorios na sala de conferencias do auditorio Caixanova.
Este ciclo está dirixido por Ignacio Pérez-Jofre Santesmases, profesor titular de Pintura da Universidade de Vigo. Participarán Tomás Lloréns, director do Museo Thyssen-Bornemisza: Antón Castro, profesor titular de Historia da Arte da Universidade de Vigo: Juan Fernando de Laiglesia, catedrático de Escultura da Universidade de Vigo: Rafael Doctor, director do Canal de Isabel II e Alberto González-Alegre, director da Fundación Luis Seoane, entre outros.
Descargar todas as imaxes