Escoitar

A Fundación Provigo desenvolverá un novo plan estratéxico

A Fundación Provigo entende que o Plan Estratéxico 2003-2010 está superado no que se refire á demanda de infraestruturas para Vigo, polo que é necesaria a elaboración dun novo documento que plasme, segundo afirmou o alcalde, Abel Caballero, "o enfoque dunha cidade que ten todos os seus proxectos en marcha".

mércores, 14 nov 2007
1195050863provigo141107.jpg
Caballero, que presidiu este xoves a reunión ordinaria do Padroado da Fundación, defendeu unha concepción de Vigo como "cidade da economía" que ocupe o lugar que lle corresponde como referente en Galicia e España, xa que é esta característica "o que nos diferencia" nestes dous ámbitos.

O alcalde e novo presidente da Fundación lembrou que "algúns aspectos" do Plan Estratéxico 2003-2010 están "realizados", outros "superados" e algúns nin sequera recollidos, como o novo hospital, polo que avogou por "desenvolver un novo programa económico desde a Fundación", partindo do "enfoque dunha cidade que ten todos os seus proxectos en marcha".

Caballero sinalou que a súa proposta foi recibida "con entusiasmo" polos membros dun Padroado que, de acordo coa súa vontade, será potenciado e actuará "de forma corporativa" para alcanzar a máxima representatividade na defensa dos intereses de Vigo. O alcalde adiantou que será el mesmo, como presidente da institución, quen dirixirá persoalmente este labor.
Descargar todas as imaxes