Escoitar

O Concello estudará a creación dun centro de educación especial para persoas con parálise cerebral

O alcalde, Abel Caballero, mantivo este mércores unha reunión con representantes da Asociación de Pais de Paralíticos Cerebrais Amencer, na que tratou do posible establecemento en Vigo dun centro de educación especial para persoas con esta condición.

mércores, 14 nov 2007
1195050593amencer141107.jpg
Caballero indicou tras o encontro que o Concello estudará a creación deste centro de acordo coas directrices propostas por Amencer. Neste sentido, a Asociación de Pais de Paralíticos Cerebrais presentou como referencia o Centro de Educación Especial Amencer-ASPACE con que conta en Pontevedra, que en Vigo prestaría os seguintes servizos:

- Aulas de educación especial titoradas por un mestre de Educación ou pedagogo especializado en Pedagoxía Terapéutica

- Sala de fisioterapia con cama hidráulica, bipedestadores, grúa hidráulica, andadores, tens, espaldeiras e colchonetas, entre outros aparellos

- Sala de logopedia con axudas técnicas de comunicación e acceso a ordenador con pulsadores, taboleiros Intellikeys, software específico, Boardmaker, Dinamic Pro, Plaffons, Clic, taboleiros Sicla, teclado VIVIK-3, emuladores de rato diversos (de bóla, de cabeza), sistema de control do ordenador IRISCOM, soportes (brazo articulado ríxido e flexible), sistemas de comunicación alternativos (Springboard, Lightwriter, Secuencer, álbum de fotos parlante, Bigmac), etc.

- Sala de terapia ocupacional con axudas técnicas para a alimentación, para Ortesis e adaptaciones, etc.

- Psicólogo

- Coidadores/auxiliares técnicos educativos

- Servizo de comedor

- Servizo de transporte

- Sala Snoezelen (de estimulación multisensorial). A finalidade principal desta sala é achegar novas e intensas formas de estimulación, relación e motivación para persoas con graves déficits sensoriais, co obxectivo de facilitar aos beneficiarios do proxecto o maior número de experiencias sensorio-perceptivas posible: táctiles (diferentes texturas e superficies), visuais (efectos de luz), auditivas (musicoterapia), olfativas (aromaterapia) e propioceptivas (experiencias quinestésicas e de integración sensorial).
Descargar todas as imaxes