Escoitar

Os realoxados polos malos cheiros da depuradora do Lagares volven ás súas casas este mércores

As concelleiras de Servizos Xerais, Isaura Abelairas, e Medio Ambiente, Chus Lago, adiantaron este mércores en rolda de prensa que os 20 veciños realoxados polos malos cheiros ocasionados durante a limpeza da depuradora do Lagares volverán este mesmo día ás súas casas.

mércores, 7 nov 2007
1194447560depuradora071107.jpg
As concelleiras de Medio Ambiente, Chus Lago, e Servizos Xerais, Isaura Abelairas
As concelleiras sinalaron que o problema xa está resolto e que non supuxo "nada fóra do normal" dentro do que son os traballos de baleirado e limpeza dos reactores da depuradora, que se fan dúas veces cada ano.

Así, Isaura Abelairas explicou que sempre que se realiza este labor prodúcense algúns cheiros pero que estes non constitúen un risco para a saúde dos veciños. A concelleira, con todo, sinalou que estes cheiros poden chegar a resultar "desagradables" en determinados momentos e que, para evitar molestias aos habitantes das vivendas próximas á depuradora, o Concello actuou "inmediatamente" reuníndose con eles "para explicarlles o que se ía facer".

Actualmente estase procedendo ao baleirado e limpeza do reactor número 1 da EDAR, o que mantén o funcionamento da depuradora ao 50%. Isaura Abelairas indicou que a estación estará a pleno rendemento "nunha semana" e que na primavera se realizará o baleirado e limpeza do outro reactor.
Descargar todas as imaxes