Abel Caballero anuncia unha "folla de ruta" para a aplicación en Vigo da Lei da Memoria Histórica
O alcalde, Abel Caballero, anunciou este mércores, tras reunirse con representantes da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica, a elaboración dunha "folla de ruta" para "honrar a todos os que sufriron as consecuencias da Guerra Civil e da etapa dictatorial de Franco" e deste xeito "cerrar definitivamente" a "fenda" aberta na sociedade viguesa por aqueles feitos.
![1194445631memoria071107.jpg 1194445631memoria071107.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1194445631memoria071107.jpg)
Caballero adiantou que a mencionada folla de ruta será feita pública no seu momento co obxectivo de desenvolver a Lei de Memoria Histórica en Vigo "da man", insistiu, "de toda a cidadanía".
Encontro con Intermón Oxfam
Con anterioridade a esta xuntanza, o alcalde mantivo un encontro con representantes de Intermón Oxfam tras o cal anunciou que o Concello incrementará as partidas dedicadas a axuda para o desenvolvemento. Caballero indicou que "non imos marcar ningunha meta pero si que imos ir incrementando as partidas durante estes catro anos".
Encontro con Intermón Oxfam
Con anterioridade a esta xuntanza, o alcalde mantivo un encontro con representantes de Intermón Oxfam tras o cal anunciou que o Concello incrementará as partidas dedicadas a axuda para o desenvolvemento. Caballero indicou que "non imos marcar ningunha meta pero si que imos ir incrementando as partidas durante estes catro anos".
![1194445631memoria071107.jpg 1194445631memoria071107.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1194445631memoria071107.jpg)
![1194445842intermon071107.jpg 1194445842intermon071107.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1194445842intermon071107.jpg)