A Casa Galega da Cultura presenta as "Afinidades Selectivas" de nove artistas contemporáneos
A Casa Galega da Cultura ofrece a partir deste xoves a exposición "Afinidades Selectivas", fundamentada, basicamente, nun intercambio de afinidades entre profesores, alumnos e ex-alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Os nove artistas así reunidos buscan con esta mostra un contexto creativo predisposto a saír do seu ensimesmamento, para mesturarse nun espazo desexoso de ser percibido de maneira non habitual.
Mesmo sendo a lectura das "Afinidades Electivas" de Goethe anterior, resulta case imposible esquecer o papel da abnegada Charlotte, interpretado maxistralmente por Isabelle Huppert, na película dos irmáns Taviani. Charlotte xa será para sempre no imaxinario de moitos Isabelle Huppert. A peza literaria escrita por Goethe nun período de madurez e dun certo desencanto producido polos duros avatares da existencia, constitúe unha intelixente reflexión sobre o conflito xurdido entre o amor matrimonial, institucionalizado, e a paixón descontrolada e desbordante: unha afinidade maior rompe cunha forza irresistible unha unión en apariencia indestrutible.
O proxecto expositivo que a Concellería de Cultura e o Vicerreitorado de Extensión Cultural e Estudantes presentan para a Casa Galega da Cultura conta coa participación dun conxunto de artistas que entenderon como un reto emocionante a posibilidade de transformar un espazo difícil –situado nunha zona privilexiada do Casco Vello de Vigo- nunha alternativa aos distintos contedores artísticos espallados pola cidade. Por iso, independentemente da achega das narrativas individuais, na consolidación deste proxecto subxace un desexo de integrar naturalmente a Casa Galega da Cultura nun itinerario no que tamén é posible gozar da contemplación da arte contemporánea.
O entendemento das propostas debe facerse non tanto dende un punto de vista individual coma dende o desexo sincero de fusionar puntos de vista creativos complementarios, afinidades electivas, en suma, buscadas premeditadamente por todos os participantes no evento. Así, Marina Nuñez e Victoria Diehl fálannos de mutacións xenéticas -iris que se multiplican no caso de Marina e estatuas que cobran vida a través da mirada no caso de Victoria-, dunha realidade de ciencia ficción que sae das pantallas de cine para volverse cada vez máis próxima. A crenza cega no progreso do proxecto moderno deixa paso á incerteza dun futuro que se percibe tan esperanzador como inquietante.
Cristian Carvalho e Pablo Orza tivérono claro á hora de seleccionar a Xoan Anleo. Non só comparten o interese polo vídeo como soporte creativo, senón a necesidade de narrar situacións que, como é o caso, recorren á ironía para cuestionar un sistema artístico cheo de situacións contraditorias. A instalación das videoproxeccións nun lugar de paso que comunica os dous accesos ao recinto subliña a intencionalidade das pezas, en consonancia coa curiosidade dun público que adoita exceder os límites da propia sala na busca de algo máis que ver.
A manipulación de determinados fragmentos da sala de exposicións –as ventás da fachada principal e o hall de cristal da entrada- caracterizan o traballo de Coral Martinez e Juan Carlos Meana. A súa intervención, cun compoñente claramente arquitectónico, condicionará absolutamente a apreciación do espazo expositivo, creando unha atmosfera envolvente que será clave na percepción global do conxunto das obras. Os símbolos utilizados habitualmente por Meana, coa súa carga ideolóxica hábilmente desideoloxizada, teñen o contrapunto perfecto na intervención de Coral, consciente da dificultade de habitar un mundo sedento de utopías.
Nono Bandera albergaba un desexo secreto: traballar co Pelucas. As propostas de ambos teñen máis puntos en común do que a primeira vista podería parecer. Ben sexa manipulando pinturas anónimas –Nono- para introducir nelas iconografías irreverentes, ou trasformando –Pelucas- espazos urbanos marxinais en algo fermoso de contemplar, en ambos os artistas prevalece a mesma actitude inconformista contra as ideas convencionais. Pelucas creará un escenario que servirá de soporte interactivo ás pinturas de Nono.
Foi un científico sueco, Tobern Bergmann, o primeiro en falar, alá polo 1775, de afinidades electivas -De attractionibus Electivis-. O que fixo Goethe foi converter un asunto científico -segundo Bergmann dous elementos químicos fortemente unidos poden chegar a disociarse pola presenza dun terceiro que exerce unha maior afinidade que a exercida na primeira combinación- nun tema literario no que afondaba, como só o autor sabe facelo, nas relacións entre os sexos. O carácter curioso e visionario de Goethe levouno a publicar unha teoría sobre as cores nun momento no que estes non tiñan absolutamente ningunha importancia no proceso creativo, adiantándose así ás correntes expresionistas de comezos de século.
Nunha das páxinas do libro, Eduard –nunha conversación a tres, con Charlotte e o Capitán- afirma o seguinte: "E esta relación será distinta segundo as diferencias dos seres. Unhas veces encontraranse como amigos e vellos coñecidos que rapidamente se unen e xuntan sen alterarse uns a outros, o mesmo que se mesturan a auga e o viño. Porén, outros obstinaranse en permanecer estraños, sen posibilidades de unión nin aínda mesturándoos ou fregándoos por medios mecánicos, o mesmo que a auga e o aceite despois de axitados tenden ao instante a separarse outra vez". Este último exemplo está máis próximo ao que sucede coas afinidades aquí presentadas. Afinidades ás que, para destacar a premeditación, se lles engade un ese, porque neste xogo a moitas bandas houbo un proceso previo de selección. Pode que non se trate dunha historia de amor. Pero está moi próxima.
"Afinidadades Selectivas" inaugúrase este xoves ás 20.00 horas e permanecerá na Casa Galega da Cultura ata o 4 de novembro, nos seguintes horarios: de luns a venres, de 18.00 a 21.30 horas; os sábados, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.30 horas, e os domingos e festivos, de 11.00 a 14.00 horas.