Escoitar

Comeza o curso na Escola Municipal de Música

A Escola Municipal de Música de Vigo celebrará este martes, 24 de setembro, ás 20:00 horas, no salón de audicións do seu centro, o acto inaugural do curso 2006-2007 e a celebración dos 10 anos da escola 1997-2007. O acto contará coa presenza do alcalde, Abel Caballero.

martes, 25 set 2007
1190719540musica250907.jpg
A Escola Municipal de Música de Vigo inaugurouse o 22 de setembro de 1997 coa finalidade xeral de ofrecer unha formación práctica en música, dirixida a afecionados, sen prexuizo da súa función de orientación a estudios profesionais para aqueles que teñan unha especial vocación e actitude.

O Centro, que cumpriu dez anos o pasado sábado 22 de setembro, conta con 385, alumnos frente aos 228 que tiñan no ano inaugural, e 17 profesores, dos cales algúns son antigos alumnos.

Esta escola abarca os seguintes niveis de ensino: Música e movemento (de 4 a 7 anos), Plan Xeral de Estudios (de 8 a 15 anos), Plan de Estudios Para Adultos (a partir dos 16 anos) e Plan de Acceso ao Conservatorio). Dentro destes niveis se imparten tres bloques diferentes de materias: Práctica instrumental, con trece especialidades (violín, viola, violonchelo, contrabaixo, trompa, trompeta, trombón, tuba, frauta, clarinete, saxofón, piano e guitarra), formación complementaria e actividades de conxunto. E tres niveis de ensino: básico, medio e avanzado.

Na actualidade o centro conta cunha programación anual estable como son os concertos de inauguración do curso escolar, Santa Cecilia, Nadal, Entroido, Novos Músicos e Día Internacional da Música; o concerto didáctico "Música e Movemento"; e o Concurso de composición novas músicas.

O presente curso 2007-2008 estará adicado no primeiro cuatrimestre á Ópera, en recordo ao fallecemento de Luciano Pavaroti e aos 150 anos do nacemento de Giacomo Puccini, e o segundo cuatrimestre aos contos musiacais, que darán pé a realizar distintas actividades.
Descargar todas as imaxes