Escoitar

Santi Domíngez recibe ao Club de ciclismo Karpin Galicia<br />

O tenente de alcalde, Santi Domíngez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiron, este martes no Concello, ao equipo de ciclistas do Karpin Galicia na súa chegada a Vigo tras a conclusión da Volta Ciclista a España.

martes, 25 set 2007
1190722074karpingalicia250907.jpg
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, recibiu este martes ao equipo de ciclistas do Club Karpin Galicia para felicitarlles pola súa actuación na Volta Ciclista a España e para mostrarlles todo o seu apoio, que culminará proximamente cando o Concello de Vigo pase a ser un dos seus patrocinadores.

Segundo salientou Santi Domiínguez o papel de todo o equipo nesta Volta Ciclista a España é de destacar e está corroborado polo maillot de montaña de Serafín Martínez, polo 5º posto de Ezequiel Mosquera e polo fabuloso posto por equipos que obtiveron, xa que hai que ter en conta que era a primeira vez que un equipo profesional de Vigo competía nunha das tres grandes voltas.

O Club Karpin Galicia, en agradecimento polo apoio recibido do Concello e por apostar polo ciclismo galego, fixo entrega dun maillot ao tenente de alcalde, firmado por todo o equipo.
Descargar todas as imaxes