Escoitar

O Concello destina 44.800 euros ao programa "Aulas de Música nas Bandas"

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa reunión deste luns o proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e a Federación de Bandas de Música Populares de Vigo para a realización do programa "Aulas de Música nas Bandas".

martes, 25 set 2007
O proxecto, que se desenvolverá de setembro a decembro deste ano, recibirá unha achega municipal de 44.800 euros.

Na área de Benestar Social, o Goberno local ratificou a subscrición dun convenio de cooperación entre a Cansellería de Sanidade, o SERGAS e o Concello de Vigo para o reforzo da atención sociosanitaria a drogodependentes da zona fronteiriza de Galicia e o Norte de Portugal, por un importe de algo máis de 23.000 euros. Polo mesmo acordo quedou ratificada tamén a addenda-prórroga a este convenio, con vixencia desde o 2 de xullo ata o 30 de novembro de 2007.

Por último, na área de Deportes, a Xunta de Goberno autorizou o Club Ciclista Ría de Vigo a organizar os días 28, 29 e 30 de setembro a Volta a Pontevedra Junior de Ciclismo. A primeira etapa desta proba celebrarase en Vigo o día 28, con saída na avenida de Samil ás 13.30 e chegada prevista para as 16.11 horas no mesmo lugar.

Tamén foi autorizada a Federación Galega de Atletismo en Vigo para organizar, o 14 de outubro, a I Carreira "Correr e Andar. Cidade de Vigo-Memorial Antonio Nieto Figueroa (Leri)". A carreira terá lugar nun circuíto urbano con saída ás 10.00 horas en Citroën e chegada no mesmo lugar.