Últimos días para visitar a mostra de Carlos Rial no MARCO
A mostra do artista galego Carlos Rial no Espazo Anexo do MARCO permanecerá aberta ao público ata este domingo 26 de agosto.
No seu proxecto para o Espazo Anexo do MARCO, Carlos Rial investiga sobre as intervencións site-specific no contexto museístico. O artista intervén no lugar para devolvernos unha realidade alterada a partir de obxectos cotiáns, neste caso cinco desatoadores xigantes que ocupan o espazo, adaptándose ao cubo branco no que, aparentemente, non lles correspondería estar.
Dentro do horario de apertura do Espazo Anexo, o persoal de salas está como sempre a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa a este proxecto, ademais das visitas guiadas habituais, todos os días ás 18.00 horas.
Horarios: ata o sábado, de 11.00 a 21.00 horas; o domingo, de 11.00 a 15.00 horas.