Escoitar

O tenente de alcalde preside a entrega de premios do Certame Unipublic de Pintura Deportiva 2007

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, presidiu este martes a entrega dos premios aos gañadores do Certame Unipublic de Pintura Deportiva 2007 no Museo Verbum. Este certame vénse celebrando desde 1996 con motivo da Vuelta Ciclista a España. Nesta ocasión, Guillermo Ferri Soler, coa súa obra "Futgolf"; Juan Carlos Martínez, con "Romantic Orange", e María Calvet Sampedro, pola súa obra "Nubes y bicis, el pelotón", foron os tres artistas galardoados.

martes, 21 ago 2007
1187701441pintura210807.jpg
Dentro do programa de actividades organizadas co gallo da saída da 62 Vuelta Ciclista a España desde Vigo tamén tivo lugar este martes a inauguración da mostra de pintura deportiva. Nesta inauguración participaron tamén o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e o secretario xeral de Unipublic, Javier Guillén. A exposición, que ademais das tres obras gañadoras está formada polas outras 19 seleccionadas, pode visitarse na Casa das Palabras ata o día 3 de setembro.

No transcurso do acto, Santiago Domínguez salientou a importancia que un acontecemento deportivo como a Vuelta Ciclista a España terá para a cidade de Vigo. "Trátase dun evento de gran relevancia non só para a economía viguesa, senón tamén para a promoción da imaxe de Vigo fóra da nosa cidade", sinalou o tenente de alcalde.
Descargar todas as imaxes